Luthier Pereiro workshop - Violin making and repair

"A música ten que ver coa alma e ser sensible a ela supón unha forma especialmente apropiosa de barbarie. A música arrebata, move e conmove"

Sobre min...

Adrian Pereiro
Adrian Pereiro

O meu primeiro contacto coa lutería foi a través dunha zanfona. Foi así, como cunha caixa de viño de madeira, nubes de po, e moita ilusión, púxenme mans á obra. Cando finalizo "aquel instrumento" (e grazas a un antigo mestre de guitarra), coñezo ao luthier Cesar Arias. Ao descubrir aquel obradoiro quedei prendado, entendín por primeira vez como madeira e música viaxaban da man naquel lugar.

De natureza inqueda, tomo un rumbo diferente e decido estudar Socioloxía, pero coa lutería dando voltas de cando en vez pola miña cabeza. Deste xeito, ao finalizar aquel periplo universitario; salto ao campo da lutería e saco as primeiras virutas coa axuda do mestre Ramón Casal na Escola de Artes e Oficios de Vigo (EMAO). Ao finalizar o primeiro ano matrícúlome na Escola Vasca de Lutería de Bilbao (BELE) onde aprendo durante tres anos de man de Unai Igartua, Luís Artola, Jabier Guraya e Ander Arroitajauregui; a escola ábreme as portas a acudir a cursos de formación con profesionais como Silvio Levaggi, Michele Dobner, Philip Ihle e Sergio Chanquía entre outros.

Foi aquí onde coñezo ao luthier e amigo Carlos Barrós e a Blai Sintes (Bilbao) quen me apoian e axudan complementando a formación da escola.

No último ano de estudos -e posterior á súa finalización- teño a oportunidade de facer estadías de traballo e formación con Asier de Benito (Valencia), José Catoira (A Coruña), Naiara Maiztegui (Barcelona), Pablo Sanz (Valladolid) e finalmente grazas á bolsa ERASMUS viaxo a Chipre onde teño o privilexio de formarme con Stepan Soultanian co que asento disciplina e técnica de traballo.

Actualmente teño obradoiro propio na Coruña onde proporciono un servizo ao músico de corda frotada de profesionalidade, calidade e proximidade.

O Obxectivo

As inquedanzas dun músico co seu instrumento son moitas, son compañeiros de viaxe e de vida. Connosco, atoparás o mellor asesoramento para o teu instrumento.

Basámonos nun bo análise, achegando un diagnóstico completo do instrumento e perseguindo unha mellora final que cumpra as esixencias do músico.

Que ofrecemos?

Un servizo personalizado, para estudantes e profesionais da familia de corda frotada.

  • Montaxe, reparación, restauración e construción
  • Encrinado e mantemento de arcos
  • Axustamos os orzamentos ás túas necesidades
  • Consúltanos sen compromiso.

Onde estamos?

Rúa Antonio Ríos 74, Baixo 2
15009, A Coruña
*Boa zona de aparcamento.

Luns - Venres : 09:00 - 14:00 & 15:30 - 18:30
Sábado - Domingo : Pechado.

Luthier Pereiro - Obradoiro de Lutería na Coruña, Galicia